Venres 12 de abril , Auditorio de Ferrol.
Para partipar como grupo só tedes que cumprimentar o formulario que achegamos a continuación:
Se tedes a intención de participar non é preciso indicar todos os campos, co nome do centro, nome do grupo e persoa de contacto sería suficiente por agora. Nas vindeiras semanas pediriamos o resto da información.
Os vindeiros días mandaremos as bases, xa que esta ano estamos a traballar na posibilidade de, no canto de agasallar o CD do festival, subir os temas as principais plataformas de música. Iso si, lembrade que deben ser dúas obras de autoría propia, unha delas con letra dun escritor/a en galego e outra propia.
O prazo para apuntarse remata o venres 9 de febreiro.